En primeiro lugar, quero decirvos que me gustou moito a idea e que a presentastes moi ben.Son unha profe que nacín nunha aldea e fun á escola da aldea na que nacín.Tiña un só libro, unha enciclopedía,nela estudabamos: matemáticas lengua, ciencias da natureza, xeografía , historia…
Non puiden disfrutar coma vos de libros de lectura, nin na casa nin na escola, os meus pais tampouco tiñan moito tempo para contarnos contos, éramos seis irmáns e tiñan que traballar moito.
Non son unha gran lectora pois non me habituei cando debía e sinto esa falta, xa sabedes que a lectura é unha fonte de saber e proporciona moitas experiencias , emocións e vivencias.
Estou segura que xa tedes descuberto o fantástico mundo da lectura, pero se non é así descubrilo canto antes para disfrutalo .
Non podo rematar sen transmitirvos o sentimento de que na miña infancia faltou algo moi importante: as vivencias, emocións e a fantasia que proporciona a lectura.
Un bico
No hay comentarios:
Publicar un comentario