Cerca do remate do mes de novembro, Abadiño enviou unha carta polas clases para anunciar as festas de Samaín e do Magosto. Nela pedía a perticipación de todos na preparación das cabazas e na confección de traballos creativos centrados no tema das BRUXAS. A resposta foi espectacular: Polos corredores empezaron a aparecer meigas de tódalas formas e cores, unhas guapas e outras feísimas...; e cabazas, orixinais e artísticas. (Todo isto pódese ver na galería de fotos da páxina do colexio)
Na Biblioteca fóronse expoñendo os traballos escritos sobre apócemas, contos e diferentes expresións sobre o Samáin e o Magosto... e para enriquecer coa lectura o tema que nos propuxo Abadiño, desenolvemos o proxecto "Embrúxate lendo": Conseguimos trinta libros sobre bruxas da Biblioteca Ánxel Casal en calidade de préstamo que estiveron expostos durante a semana de Samaín no expositor da nosa Biblioteca. Rematada esa semana, metémolos na MALETA VIAXEIRA e enviámolos polas aulas para ser lidos máis detenidamente.


O día 7 de decembro remata o préstamo. Devolveremos os libros e empezaremos a matinar no próximo proxecto... pero estamos seguros que os espazos deste colexio permanecerán "enmeigados" por moito rempo.

¡¡¡COIDADO!!!!
